domingo, 17 de decembro de 2023

ATLETISMO

 Durante o mes de decembro, chegoulle a quenda ao atletismo.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, contamos coa visita e a colaboración de Maxi, profesional deste deporte e monitor do mesmo. Xunto con el, iniciámonos nas distintas modalidades do atletismo(carreira, salto, lanzamentos...)

Por primeira vez vaise celebrar no noso colexio a primeira San Silvestre.
Terá lugar o luns dezaoito de decembro e participará todo o centro. Correr é saúde!







TENIS DE MESA

 Durante o mes de outubro, unha das actividades realizadas centrouse na iniciación ao tenis de mesa.

Visitáronnos os membros do Club Tenis de mesa Lugo( un adestrador e un xogador) Gustounos moito a experiencia e decidimos adquirir para o colexio tres mesas. Xa podemos xogar ao tenis de mesa no CEIP Anexa!


FÚTBOL SALA

 Despois de traballar o balonmán, centrámonos no fútbol sala.

Os membros do equipo de Fútbol sala Lugo, visitaron o noso colexio e conxuntamente realizamos diferentes sesións de traballo.



BALONMÁN

 Durante o mes de setembro, realizamos en toda a Eduación Primaria diversas sesións de balonmán con Balonmán Lugo.

Aprendemos a recibir, pasar e tirar...


CURSO 23-24


 CURSO 2003-2024




xoves, 18 de novembro de 2021

ALUMNADO CONFINADO

Lembrade que se vos confinaron na casa podedes facer as actividades deste blogue e mandalas ao correo electrónico emiefanexalugo@gmail.com. Un saúdo!

mércores, 2 de decembro de 2020

SALTO INDIVIDUAL DE COMBA

 Se tedes unha corda en casa ou a podedes fabrica con material reciclado imos practicar os distintos tipos de saltos individuais.

Veña,  a practicalos!!!

 





luns, 23 de novembro de 2020

TÁBOA DE BASES DE EXERCICIOS.

 Podes deseñar, copiar ou imprimir unha táboa coma esta 

con bases de exercicios .

 É moi interesante e divertido.

 Necesitas un dado e fichas.


A xogar en familia!




mércores, 11 de novembro de 2020

SESIÓN DE ESTIRAMENTOS.

  O noso plan para hoxe é estirar todo o corpo.

Fai estes exercicios moi despacio
 e aguanta un pouco en cada posición.


luns, 26 de outubro de 2020

A REINVENTARSE... SEMPRE CON ALEGRÍA.

 UNHA VEZ MÁIS TOCA  REINVENTARSE, INVENTAR NOVAS MANEIRAS DE XOGAR, APROVEITANDO O ÚNICO RECURSO QUE NON PODE FALTAR EN NINGUNHA SESIÓN, A ALEGRÍA POR QUERER APRENDER.