A mancha pegañenta: Explicámoslle ao neno/a que cada vez que digamos unha parte do corpo debemos poñer unha man nesa parte, e andar sen despegar a man da parte do corpo mencionada (exemplo: andar cunha man no xeonllo, andar cunha man na orella…). Andamos polo corredor máis longo da casa.
A bruxa de cores: Explicámoslle ao neno/a que unha bruxa de cores anda pola casa . Se non tocamos algo da cor que se diga a bruxa vaino converter en gusanazo . Cando se diga unha cor hai que ir correndo a tocar algo desa cor. O último convértese en gusanazo.
Os avións: Convertémonos en avións cos brazos en cruz e movémonos polo corredor. Cando se diga "aterraxe" debemos ir o máis rápido posible ao lugar de aterraxe marcada. Gaña o avión que máis rápido chegue á pista de aterraxe.
Sígueme se podes: Colocámonos na parte de atrás do pantalón un trapo coma se fose unha cola. Dicímoslle ao neno/a que ten que tentar quitárnolo se pode.
Nós a cada intento do neno/a virámonos de maneira que ten que correr e darnos a volta para quitarnos o pano. Se nolo quita, debe correr ata un punto fixado para gañar.
PD.
Lembrade seguir enviando fotos ou videos dos vosos exercicios e bailes ao correo emiefanexalugo@gmail.com
Grazas!