venres, 17 de abril de 2020

FABRICAMOS UN XOGO

Hoxe imos fabricar un xogo moi sinxelo. 
O xogo chámase  encestar a bola. 
 Este é un xogo que utiliza o seguinte material de refugallo: 
   
      *un rolo de papel hixiénico 
      * papel de aluminio dos bocadillos. 

Para facer o xogo tes que ter moita habilidade, 
(pero non para crear esta entretida manualidade);
senón para xogar ao xogo que vas realizar. 
É moi sinxelo!
 Xa veredes como nuns minutos estaredes a xogar 
e entreténdovos con este xogo de pericia.
Logo o decoramos coa nosa imaxinación...e a xogar!!!


Temos máis opcións 
para desenrolar a nosa creatividade.