venres, 22 de maio de 2020

AS CHINAS OU TRES EN RAIA

As chinas ou tres en raia é un xogo para dous xogadores, coñecido en todo o mundo. Pode xogarse sobre un taboleiro ou no chan, sempre que se permita marcar un cadrado con 9 celas, incluíndo liñas diagonais. Cada xogador dispón de 3 pezas, que poden ser calquera obxecto, chapas, pedras, pezas dalgún xogo como as do parchís, peóns do axedrez, ou damas, sempre e cando se distingan as pezas dun xogador das do outro. O xogador que empeza coloca a peza no centro do cadro, e o seguinte coloca outra súa, tentando evitar que poña as tres pezas o rival en liña e tratando de colocar as súas para poder facer o propio. Cando as seis pezas están no taboleiro, poden moverse a un sitio libre saltando incluso sobre outras fichas. Cando un dos xogadores consegue ter as tres fichas en liña gaña a partida, e gañará o xogo ao gañar o número de partidas que se acorde. Como é un taboleiro moi doado, pode facerse cunha cartulina e un rotulador de xeito doado, e se adapta moi ben para facer manualidades na casa ou na escola.