luns, 18 de maio de 2020

DANCE

Bailar é sinónimo de alegría, é probable que  o asocies con momentos divertidos da túa vida, festas e encontros especiais, pero tamén o noso cerebro está a xerar novas conexións neuronais e isto produce felicidade.  Á segregación de  dopamina e  serotonina súmaselle a osixenación cerebral que produce bailar, o que termina por xerar conexións neuronais tan importantes e efectivas como facer unha rutina de exercicios físicos.  Estas conexións axudan a manter novo o cerebro e a potenciar algunhas das súas funcións coma os reflexos ou a memoria.