venres, 15 de maio de 2020

FABRICAMOS UNHA COMETA.

 Se podedes e tedes material imos  fabricar unha cometa.
 Non é moi complicado. 
 Os materiais básicos son: unha bolsa de plástico ou papel de seda (o plástico adoita ser máis resistente), dúas varillas ou paus finos de madeira ou bambú, cinta adhesiva, cordel e unha bobina. Con eles xa é posible fabricar distintos modelos e decoralos da forma que máis guste.

                                     

O último paso antes de empezar a voar é tomar dúas medidas de precaución básicas: escoller un sitio despexado sen persoas ás que se lles poida molestar e non voar a  cométa preto de postes ou cables de electricidade.


                                                        

Agora mirade este video explicativo de como facer a cometa.


                                  

Veña, costa un pouco aprender, pero desde que se aprende é moi divertido.