mércores, 6 de maio de 2020

O CICLISMO

O ciclismo é outra actividade que podemos practicar nas nosas saídas, sempre con casco e precaución .
É un fermoso deporte que podemos disfrutar, tanto o mountain bike (MTB) coma o ciclismo de estrada. 
Pero hai moitas máis variantes como o trial, descenso, ...
O ciclismo ofrece múltiples beneficios educativos para @s nen@s, tanto a nivel motor como cognitivo e afectivo-social:

– Aumenta a resistencia.
– Potencia a velocidade e a axilidade.
– Estimula e incrementa a coordinación e o equilibrio.
– Favorece o desenvolvemento intelectual.
– Fomenta o desenvolvemento dos valores sociais: compañeirismo, respeto, tolerancia, solidariedade; ademáis de desenvolver  un espírito de sacrificio, seguridade e confianza.
– Crea unha conciencia ecolóxica e aprendemos a utilizar a bicicleta como medio de transporte.
– Aumenta a autoestima.
– Crea hábitos sans para o corpo: mellora as articulacións, reforza o sistema  inmunitario, aumenta a capacidade respiratoria, mellora o sistema circulatorio, prevén as dores de costas, fortalece os ósos, combate a obesidade, reduce a cantidade de graxa corporal, favorece o fluxo do sangue, aumenta o calcio dos ósos, etc.
– Promove o encontro social (aínda que hoxe teñamos que limitalo).
– Reduce a ansiedade e a tensión, e eleva o estado de ánimo.