A práctica do tenis enriquece a capacidade motora e desenrola o pensamento táctico-estratéxico ó ter que resolver en menos dun segundo situacións cambiantes que se presentan no exercicio ou no xogo mesmo. O tenis ofrece grandes beneficios físicos e psicolóxicos.
Os xogadores (ou tenistas) golpean a pelota alternativamente cunha raqueta, facéndoa pasar por enriba dunha rede que divide o campo de xogo en dúas metades, de forma que a pelota caia no campo do contrincante. A pelota non debe botar máis dunha vez. Se un xogador non consegue ambas as dúas cousas cun só golpe, o rival gaña o punto. Ao mesmo tempo, hai que tentar que o adversario non consiga devolver facilmente a pelota ata a outra metade do campo correspondente ao seu rival. Vence o que obtén a maior puntuación. Os partidos xóganse en pistas (ou canchas) que poden ser cubertas ou descubertas (ao aire libre), podendo ser de distintos tipos de superficie (de terra batida, céspede...)