TIRA DA CORDA
O tiro da corda consiste nunha competición por equipos, cada un deles cun determinado número de xogadores/as. Os equipos se sitúan fronte con fronte e cunha liña central de por medio.
Cada participante ten asida a corda da que se tira. A un sinal do que fai de xuíz , cada equipo tira para o seu lado, tratando de que o primeiro do equipo contrario traspase a liña central, momento no que gaña a tirada.
Tamén está a variedade de facer tres liñas (unha central e dúas paralelas a cada lado da central) e atar un pano no medio da corda; despois tiramos ata que o pano traspasa liña paralela do noso equipo.
O GUA
Coas bólas ou boliñas pódense facer moitos xogos, un deles é o gua. O gua é un pequeno oco ou furado no chan que se pode facer co pé na terra ou area. Faise unha raia a dous ou tres pasos do gua e dende alí comezan @s participantes lanzando as súas bólas onde queiran. A continuación e por turnos ou ata o primeiro fallo. Trátase de eliminar as bólas d@ contrari@ batendo nelas coa propia (ou nunha bola designada a tal efecto, normalmente de maior tamaño), según a variante en 6 ou 9 toques. Por exemplo no caso dos seis toques cada golpe ten os seguintes nomes: Primeira, Truque, Matruque, Pés (a bola debe quedar afastada dous pés da que bateu), Paso bóla (debe alonxarse a outra bóla do gua) e Gua (cómpre que a bóla contraria entre no Gua). Se un xogad@r completa os 6-9 toques segundo se acorde, e queda coa bóla d@ compañeir@.
Tratase dun xogo entretido, con moita estratexia e moitas variantes, que o@s nen@s poden adaptar ao seu gusto.