venres, 5 de xuño de 2020

A IMPORTANCIA DO EXERCICIO FÍSICO

Beneficios da actividade física

Os beneficios e efectos positivos da actividade física son os seguintes:

  • Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), a realización de actividade física adecuada axuda  a desenvolver un aparello locomotor (ósos, músculos, articulacións) e un sistema cardiovascular (corazón e pulmóns) sans.
  • Tamén axuda a aprender a controlar o sistema neuromuscular, é dicir, o mecanismo de coordinación e control dos movementos.
  • O exercicio físico contribúe a crear afección polo deporte e hábitos de vida saudable.
  •  A actividade física axuda a respectar o  propio corpo e o dos demais“, así como a fortalecer a autoestima e o respecto por nos mesmos.
  • Os xogos e deportes, ademais, desenvolven a “conciencia social“, xa que son situacións de competición que  preparan para enfrontarse a vitorias e derrotas, así como para a colaboración e o espírito de compañeirismo.
  • A práctica regular de exercicio físico prevén a aparición de obesidade, enfermidades cardiovasculares, alteracións psicolóxicas, desmineralización ósea e algúnhas enfermidades.