luns, 8 de xuño de 2020

O XOGO DE PAREDE

Este é un xogo moi antigo. 
Pódese xogar de forma individual , por parellas, ou en grupos de varios xogadores. Necesitamos unha pelota e unha parede. Pode haber distintas variantes, tantas como quieramos.
 Lánzase a pelota a parede coa man sen bote, con bote...
 Outra modalidade , a máis coñecida, xógase lanzando a parede co pé.
Tamén podemos lanzala  co pé e collela coas mans e o revés.
 Podemos establecer as normas que queiramos e ir aumentando a distancia e a dificultade.