xoves, 4 de xuño de 2020

PROCURA DO TESOURO




Este xogo que vos propoño consiste en atopar pequenos obxectos escondidos. Como é lóxico deberedes de pedirlle a un adulto que volos agache. Debedes de recuperar o maior número de tesouros. Tamén se pode xogar a localizar elementos que se integran na natureza: buscar cinco piñas ou dez pedras redondas...