xoves, 18 de xuño de 2020

XOGOS NA PISCINA


A contorna acuática é o lugar de xogos  para o verán por excelencia; e a piscina, un dos preferidos por vós, onde, ademais de divertirvos, podedes desenvolver distintas habilidades físicas e motrices beneficiosas.


Estas son algunhas das propostas máis divertidas na auga.



  • Quenlla. Un dos xogadores debe asumir o papel de quenlla. O resto dos pequen@s repártense ao longo e ancho da piscina. A quenlla debe perseguir ata tocar na auga ao resto de compañeir@s. O participante que sexa pillado adquire de forma inmediata o rol de cazador (quenlla).


  • O tesouro. Colócanse varios obxectos no fondo da piscina. Cando soe o sinal pactado, todos os xogadores deben lanzarse á súa captura. Gaña o participante que logre colleitar máis tesouros.


                          


  • Carreiras de cabalos. Os flotadores alongados de goma espuma (con forma de churro) son un elemento moi apropiado para organizar carreiras entre bañistas. Montados sobre eles, os participantes deben cruzar a meta establecida o máis rápido posible.