Comenza a nosa segunda semana na casa. Que tal o levades? Imaxino que un pouco cansos e cansas. É normal, pero tócanos seguir un pouquiño máis.
Como xa vos dixen outras veces, estar na casa no quere dicir, non estar activos... Asi que...A buscar unha VASOIRA... XA!
Seguro que tod@s tedes na casa o pao dunha vasoira ou dunha fregona. Sacádelle a parte dianteira e agora xa estades preparad@s para facer estes exercicios.
Esperade un anaco! Con música sairán mellor.