luns, 23 de marzo de 2020

XOGOS PSICOMOTRICES PARA FACER NA CASA

Hoxe ides converter a vosa casa nun circuíto de xogos, sempre que vos deixen( pero estou seguro de que se decides moitas veces porfi, porfi, porfi vai funcionar). E se poñedes olliños xa non vos conto.

1.Primeiro de todo, non se vos ocurra pintar o chan, nin tirar a pelota á parede. Tedes que coidar a vosa casa coma vos ensinamos a coidar a escola. 
Empregade papel de xornal, revistas ou hixiénico para facer o labirinto. Se non tedes pelota podédela facer con papel de xornal e cinta de pegar.
 2. Tedes que facer o mesmo percorrido que na actividade anterior pero camiñando polas liñas coa pelota na cabeza, nas costas, nos xeonllos,...
 3. Necesitades latas de bebidas ou botes de plástico. Facemos distintos desprazamentos. Imos de xeonllos e voltamos entre os envases.


 4. Correde a buscar todos os bonecos que atopedes no voso cuarto. Tamén necesitaredes unha caixa grande. Tedes que meter con pés o boneco na caixa coma na foto.


 5. Necesitamos o pao dunha vasoira e coa axuda doutra persoa, que vai mover o pao de dereita a esquerda para que poidades saltar.
 6. E se aínda non cansáchedes , aquí vos deixo outras ideas.