Boas tarde rapaces e rapazas! Como estades? Imaxino que un pouco cansos de estar na casa, pero pensade que xa queda un día menos .
Agora imos tentar relaxarnos un pouco, porque estando tranquilos imos poder ver as cousas de xeito positivo.
O ioga ten moitíiiiisimos beneficios, se queredes coñecer algún deles ide á entrada de psicomotricidade ou primeiro.
Comecemos!
1º Un pouco de música relaxante.
2º Ide facendo en orde cada unha destas posturas, tentade estar un ratiño en cada unha delas.
3º Ao rematar quedade un ratiño tumbados de costas no chan, cos ollos pechados e respirando tranquil@s.