É moi importante traballar a respiración .
O noso corpo necesita osíxeno para vivir.
Na respiración hai dúas fases, a inspiración e a espiración.
Na inspiración tomamos osíxeno que vai aos nosos pulmóns e na espiración botamos dióxido de carbono .
É moi importante aprender a respirar correctamente xa que respirar ben axúdanos a estar máis tranquil@s.
Imos facer os seguintes exercicios, tomando o aire polo nariz e soltándoo amodiño pola boca.
Tedes que facer cada exercicio durante un par de minutos.