Agora que xa podemos comezar a saír o aire libre,que mellor actividade que correr!
Podemos facer pequenas carreiras e xogos que impliquen correr acompañad@s dos nosos pais ou nais.
As vantaxes do "running" nas nosas idades,son moitas:
O exercicio físico é excelente para vós. De feito, a OMS recomenda que realicedes polo menos 60 minutos diarios de actividade física moderada ou intensa, sobre todo exercicio aeróbico.
Correr, en especial, non só nos permite manternos en forma. Tamén axuda a liberar enerxía, fortalece os ósos e estimula as habilidades motoras.
É un exercicio estupendo para regular o peso. De feito, demostróuse que as persoas que o practican teñen un risco máis baixo de padecer sobrepeso ou obesidade. Isto débese a que cando corremos queimamos o exceso de calorías e a graxa que doutra maneira acumularíase no corpo.
Moitas das enfermidades que @s nen@s padecen na infancia teñen un alto compoñente hereditario. Con todo, demostróuse que practicar algún tipo de actividade física pode reducir o risco de desenvolver patoloxías como a diabetes, a hipertensión e a obesidade.
Correr é un exercicio estupendo para aumentar a nosa capacidade respiratoria e estimular a resistencia cardiovascular. De feito, sábese que é moi efectivo para previr ou reducir a intensidade dos síntomas de enfermidades como a gripe, a asma, a pneumonía e mesmo algúns trastornos cardíacos.
É un exercicio excelente para aumentar a densidade dos ósos e a flexibilidade das articulacións.
Tamén é moi eficaz para estimular o crecemento das cartilaxes, á vez que axuda a tonificar e fortalecer as pernas, o abdome, as costas e os brazos.
Correr non só é beneficioso para a saúde física senón tamén para o desenvolvemento psicolóxico.
Algúns estudos descubriron que practicar este deporte, estimula a autoestima e a autoconfianza infantil, á vez que mellora as habilidades sociais e axúda a facer nov@s amig@s.
Eu levo correndo desde neno, e síntome fenomenal. Correr é a miña paixón.