sábado, 25 de abril de 2020

XOGOS CON PELOTAS DE PAPEL

Tan sinxelo como unha folla de xornal,
 un folio, ou calquera  outro papel 
que poidamos engurrar 
para facer unha  pelota.
Podédeslle poñer cinta de pegar 
ao redor para facela máis compacta.
 Incluso  podedes facer varias.




Podemos xogar a lazalas o aire e collelas.
 Primeiro con dúas mans e logo con unha.




Collemos unha papeleira ou 
outro recipiente algo grande
 e xogamos a encestar, 
desde distintas distancias.




Agora cun familiar.
 Pasarémoslle a pelota de papel 
 sen que nos caia no chan.
 Podemos facer dintintos tipos de pases.



 Por último colocamos a pelota de papel no chan
 e sopramos para  desprazala.