xoves, 2 de abril de 2020

A IMPORTANCIA DO BAILE

Que é bailar? 
Bailar é moverse con ritmo ante unha música.
 O baile é un bo recurso, non só para xogar 
e divertirse cos nen@s ,
 tamén para estimular o seu desenvolvemento físico,
 psíquico e emocional.
 Desde moi temperá idade,
 é normal observar aos bebés cando escoitan  unha música. Reaccionan  espontaneamente, 
facendo pequenos movementos co seu corpo;
 para o deleite dos pais. 
Segundo investigacións do Departamento de Psicoloxía da Universidade de York (Reino Unido), 
os bebés xa nacen cunha tendencia innata 
a moverse con ritmo.

Por iso desde pequeniños,
A BAILAR!!! 
P.D. Esta literatura que acabades de ler é para @s pais/nais. 😂