luns, 13 de abril de 2020

CIRCUÍTO DE XOGOS (1).

Xogos/circuítos:

O ogro e o pirata: colocamos un cubo con xoguetes dentro, poñemos outro cubo alén do corredor. Explicámoslle ao neno/a que somos un ogro . Que temos  os seus tesouros de pirata. Dicímoslles que os ogros somos un pouco parvos e torpes pero moi perigosos.
  Poñerémonos na metade do corredor entre os dous cubos e o nen@ deberá tentar pasar por baixo das nosas pernas ou por á beira noso sen que o toquemos para coller os seus tesouros. Se  collemos un tesouro ese volve ao cubo de tesouros roubados. O obxectivo é que o nen@ nos esquive e leve todos os bonecos ao seu cubo. Debemos andar lentos e imitando un ogro parvo. Recomendo dicirlles cousas que os metan no xogo, tipo vou levar á miña despensa!…

 Ogro Imágenes Y Fotos - 123RF   pirata caricatura: Pirata de dibujos animados y loros Vectores ...

A estatua: explicámoslle ao neno/a que temos que imaxinar que unha espiral está dentro do seu  corpo. Esto  obrígaos a estar todo o tempo movéndose e que non poidan parar ata que digamos estatua.   Se se  moven perden,  e teñen que   tombarse boca arriba no chan e facer unhas abdominais ou similar. O ideal  é perder nós a primeira vez e que o neno/a vexa  o que hai que facer o se perdemos.
                                                         



Capitán sofá di: explicámoslle ao neno/a que agora somos o capitán sofá e que imos xogar a repetir o que o capitán sofá diga o máis rápido posible. Comezamos andando polo corredor para ir dicindo cousas como: "o capitán sofá di ...chan" (tirámonos ao chan o máis rápido posible), "capitán sofá di ...facer unha  sentadilla", "capitán sofá di ....saltar"…Si o neno/a non o fai suficientemente rápido podemos dicirlle que faga o  gusanazo!

                                                      Sofá de Niños, Sofá de Niños de China catálogo de productos hecho ...
Escondendo o topo: un da familia é o topo, e débese esconder .Debemos buscar o neno/a. Se o atopamos debemos saír correndo ata un punto fixado para dicir : " alto atopei o topo!", antes de que o topo vaia ao mesmo punto e diga: "o topo escápase!"

                                                      Ilustración De Topo Lindo En El Fondo Blanco. La Imagen De Dibujos ...
Os animais: tombámonos boca arriba no chan, e dicímoslle ao neno/a que imos xogar ao xogo ,os animais dórmense.Temos que imaxinar os ruídos que fan os animais  ao durmirse. Cada vez que dicimos un animal facemos o  seu sonido.

                                                     dibujos animados animal durmiendo png fondo transparente Imagen ...