mércores, 13 de maio de 2020

ACROSPORT

 
O  acrosport, tamén coñecido como ximnasia  acrobática é unha disciplina que se practica por parellas .  Tamén hai a modalidade de grupos. É considerado  un deporte  acrobático- coreográfico no cal se integran tres elementos fundamentais: formación de figuras ou pirámides corporais, acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios.
O acrosport tamén se compón pola  transición dunha figura a outra e elementos da danza, saltos, piruetas ximnásticas.
 Contén un compoñente  coreográfico que é o que lle atribúe ese grao de artístico.
Agora a buscar un/ compañeiro/a e a facer estas figuras.