mércores, 13 de maio de 2020

O XOGO DO STOP




O perseguidor/a trata de pillar ó adversario para intercambiar o papel con el/a,  só que neste caso o perseguido ten a opción,  no momento en que vai ser pillado,  de berrar  “  ¡  Stop  !   ”  e de quedarse absolutamente parado. O perseguidor/a non poderá tocarlle.  Pode suceder no transcurso da partida que teñamos varios xogadores/as que estén quedos.  Os que quedan ceibes,  poderán tocar a algún dos conxelados para liberalos,  feito que debe impedir o perseguidor/a.  O xogo remata cando todos/as están collidos ou cando pasa demasiado tempo.  Podemos aumentar o número de perseguidores/as.