venres, 29 de maio de 2020

O MINIBASKET

O  minibasket é unha variación do baloncesto de competición para idades ata os 12 anos. Grazas a este deporte,se poden aprender as regras e os fundamentos básicos do baloncesto, gozando en todo momento do  basket adaptado á  estatura, habilidades e desenvolvemento físico. No que máis diferenzas atopamos entre o baloncesto e o  minibasket é nas dimensións da cancha, a altura dos aros e o tamaño do balón.

Canto mide un campo de  minibasket?
A cancha de  minibasket está deseñada con medidas adaptadas aos xogadores máis nov@s. Debe contar coas mesmas características que unha pista normal, pero cun tamaño estándar moito máis pequeno. A liña de tiro atópase a 4 metros do taboleiro e non existe zona de 3 puntos. Tamén é posible atopar pistas nas que non se cumpran estas medidas, pero sempre é necesario que se garden as mesmas proporcións. 

Cal é a altura dunha canastra de  minibasket?
A altura do aro tamén varía segundo a idade d@s xogadores. Para nen@s de menos de 9 anos o aro sitúase a uns 2.60 metros, mentres que para os de máis de 10 anos o taboleiro colócase a 3.05 do chan. É necesario mencionar que estas alturas non son estándar e é que posible varíen segundo a idade.

A pelota de  minibasket
Outra das cousas que tamén cambia é o tamaño da pelota de  minibasket. @s nen@s de 7 a 12 anos adoitan usar un balón de tamaño número 5, que ten unha circunferencia de 66 a 73 cm e un peso de 450 a 500 gramos. En cambio, @s menos de 7 anos usan un tamaño de balón 3, cunha circunferencia de entre 55 e 58 cm e un peso de 310 a 330 gramos. 
Regras básicas do  minibasket
Por outra banda, do mesmo xeito que ocorre no baloncesto regular, o  minibasket xógase con dous equipos de cinco xogador@s, aínda que cada conxunto debe contar con 10 en total, cinco dentro da cancha e cinco como suplentes. Cada partido divídese en dous tempos de vinte minutos, cun descanso entre eles de dez minutos. Á súa vez, cada un destes tempos está dividido en dous períodos de 10 minutos cun descanso de dous minutos entre eles. Por tanto, hai catro tempos de xogo de 10 minutos, separados por dous, dez e dous minutos de descanso sucesivos.
Cada xogador/a de cada equipo de  minibasket debe disputar, como mínimo, dous tempos de xogo durante o partido. Esta regra só pode saltarse se o xogador/a lesiónase durante o encontro ou foi expulsado da pista. O resto do regulamento que fixa a dinámica do xogo, as faltas e as sancións, é exactamente igual que o que se utiliza no baloncesto normal.