- O xogo das chapas é un xogo popular de gran sinxeleza, que precisa só de chapas de botellas.
- Píntase unha estrada no chan onde se representan curvas, rectas e todo tipo de sinais (pozos, cárceres, atallos, áreas...) que permitirán que o xogo sexa máis entretido.
- Cada xogador só poderá tirar tres veces seguidas, se este non se sae das liñas marcadas.
- Se a chapa cae nas zonas de castigo (pozos, áreas...) a persoa non poderá tirar ata pasadas tres quendas dos seus contrincantes. Só poderá tirar antes se os seus compañeiros tamén caen.
- Se ao lanzar se cae na morte ou no cárcere, isto supón a volta ao inicio.
- Empúrrase a chapa co dedo índice e vaise comendo terreo para gañar a partida.
- Gaña o primeiro en chegar a meta.
Veña, a xogar!