Vou a expoñer algún destes xogos que seguro que xa coñecedes.
A MARIOLA OU RAIA
O PEÓN
Un dos xogos máis sinxelos, aínda que difícil de realizar, consiste en facer bailar o peón maténdoo na man o maior tempo posible. A man fai de base e tírase da corda lateralmente, compensando as oscilacións con pequenos movementos da man. Neste xogo poden participar varios rapaces e rapazas, mirando de ver quen aguanta máis tempo xirando o peón.
SALTO A CORDA
Dous xogadores agarran unha corda por cada extremo, para dar voltas á corda. Os demais colócanse en fila para ir pasando a saltar sen perder quenda, unha vez que empeza a saltar o primeiro. Se un non salta cando lle toca, ou tropeza coa corda, se para o xogo e este pasa a "dar a cámbaa". Mentres que un salta, os demais cantan unha canción e segundo como sexa esta, se dá a cámbaa a un ritmo diferente.
Practicade algún xogo destes se tedes a oportunidade.
Seguiremos máis adiante con máis xogos tradicionais galegos.
Seguiremos máis adiante con máis xogos tradicionais galegos.