O picaparedes
Un rapaz/a ponse cara unha parede e os outros póñense a certa distancia.
Os que están lonxe queren chegar á parede pero teñen que moverse sen que os vexa o que está de "nai" polo que teñen que estar atentos xa que só poderán desprazarse mentres que a "nai" recita:
—Un, dous, tres, picapared!